O noso alumnado non deixa de sorprendernos. Tras as deliberacións do xurado composto por persoal docente e non docente da Escola, aquí vos deixamos o resultado.
Daniel Gaiteiro, alumno de portugués, acadou o primeiro premio:
O noso alumnado non deixa de sorprendernos. Tras as deliberacións do xurado composto por persoal docente e non docente da Escola, aquí vos deixamos o resultado.
Daniel Gaiteiro, alumno de portugués, acadou o primeiro premio:
O pasado 10 de marzo tivo lugar a troca de libros na que participaron varios centros educativos de Pontevedra, entre eles, a Escola Oficial de Idiomas. Pola nosa mesa pasaron pequenos e grandes, que puideron atopar libros en varias linguas.
Por segundo ano participaremos na Troca de Libros que organiza o IES Torrente Ballester. Aquí podedes ver que outros centros van estar presentes.
E ti... es máis de Batman ou de Spiderman?
Todos temos algún recordo dun cómic ou dunha personaxe de banda deseñada que nos marcou por algún motivo. Gustaríanos traerche de volta eses recordos e que os compartas connosco tamén. Propoñémosche a seguinte actividade! Os/as participantes entrarán no sorteo dun xantar para dous (romántico ou non, ti decides). Atoparás unha urna a carón da biblioteca e as tarxetas para participar ao lado da mesma.
Se non tes un personaxe favorito ou un cómic predilecto, de seguro atoparás un título que esperte a túa curiosidade entre os fondos da nosa biblio. Preme na imaxe de abaixo para botarlle un ollo ao noso catálogo de banda deseñada. Este ano os diferentes departamentos da Escola adquirirán novos fondos de banda deseñada, xa que é o xénero no que se centran os proxectos da Biblioteca Escolar, así que estade atentos.
Este mes de decembro vén cargadiño de actividade na escola e, desde a biblioteca, tamén temos varias propostas.
Poderás trocar un alimento por un libro ata o 21 de decembro incluído. Os alimentos recollidos serán doados ao Comedor Social de San Francisco.
Tamén temos en marcha o préstamos especial de Nadal. É dicir, podes levar materiais prestados e devolvelos á volta das vacacións. Ademais, poderás levar unha bolsa de tea de agasallo para acompañar as túas lecturas.
Por último, xa temos plans para o 2024. O 8 de xaneiro, de 11:30 a 13:00, temos unha cita no Café Moderno, onde Afundación nos ofrece unha visita guiada da exposición "Piccaso protagonista", seguida por un obradoiro de banda deseñada dixital.
Poñémoslle cara aos gañadores/as dos relatos de medo. Esperamos que lles gustara o agasallo. A activiade foi un éxito de participación e funcionou moi ben ao poder introducila na aula coa axuda do noso lector escocés, Kasym.
Poñémoslles casa aos gañadores/as do noso cuestionario de formación inicial da biblioteca. Temos representación de diferentes linguas.
En colaboración co Departamento de Inglés da EOI de Pontevedra, temos en marcha un concurso de historias de medo. Xa imos recibindo as primeiras e son verdadeiramente arrepiantes. Bule, manda a túa antes do 1 de novembro.
Queres levar prestados DVDs da nosa biblio pero o teu portátil non ten lector de DVD? Agora contamos con tres lectores de DVD que podedes levar prestados. Non quedes sen ver os clásicos nin as últimas novidades. House of Gucci, This is England, O Lápis do Carpinteiro... e moitos máis agardan por ti.
Este ano o lema das bibliotecas escolares é "Unha biblioteca en viñetas". Xa que logo, o foco está na banda deseñada.
Se ben xa podes atopar unha boa selección deste tipo de obras na nosa biblioteca, a idea é ir ampliando os nosos fondos dese xénero ao longo do curso. Atréveste a descubrir as obras deste xénero que temos dispoñibles?
Se xa es un experto usuario da biblioteca, esta non gardará segretos para ti. Se pola contra es novo na escola, tes moito que descubrir. Por que non comezar polo cuestionario que atoparás diante na biblioteca? Colle un formulario na túa lingua de estudo e insíreo na urna. Haberá algún que outro agasallo!
Sexas veterano ou "novato", achégate á biblio e demostra cando sabes dela! 📚