luns, 16 de decembro de 2013

PREMIO Á LECTORA MÁIS VORAZ


PETER O'TOOLE

O actor irlandés Peter O'Toole, falecido este domingo aos 81 anos, pasará á historia do cinema pola súa versatilidade, os seus magnéticos ollos azuis e a súa maxistral interpretación do coronel T.E. Lawrence en Lawrence de Arabia (1962).


Na nosa biblioteca: 

LAWRENCE DE ARABIA
Autor/es: D LEAN; O´TOOLE, GUINNES
Editorial: SPEAK UP
Serie: VOSI-207 MIN
Materias: Acción

Localización: VI-EN-LAWR 

SEMANA DE ALEMÁN


sábado, 14 de decembro de 2013

GRAZAS

Hoxe cúmprense dous meses desde que a nosa biblioteca abriu as súas portas. Desde entón  foron moitos alumnos os que pasaron por alí para recoller os seus empréstitos.

Desde aquí queremos felicitarvos a todos e cada un, e especialmente a Marta, nº de socio 977, quen levou máis empréstimos que ninguén neste período.

O luns 16 ás 19:45h seralle entregado un premio como agradecemento ao seu paso pola biblioteca Frei Martín Sarmiento.


martes, 10 de decembro de 2013

DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS



"Se falas a un home nun idioma que comprende, chegarás á súa cabeza. Se lle falas na súa lingua materna, chegarás ao seu corazón." 

Premio internacional dos Dereitos Humanos, 1988

domingo, 1 de decembro de 2013

POLA TÚA MEDIDA


"Pola túa medida" é unha exposición de libros de todos os tamaños e letras.



Cal é a túa preferencia á hora de elixir un libro? Tipo de letra, tamaño do libro, peso dá encadernación, ...
Todos os libros estarán proximamente na nosa biblioteca. Vai escollendo o teu!

REDESCUBRE A LECTURA



Non 
esquezas levar
 o teu préstamo da
 nosa biblioteca para
 gozar da lectura este Nadal

xoves, 28 de novembro de 2013

THE MAN WHO KILLED DON QUIXOTE


Tenaz e soñador, como o auténtico cabaleiro da Mancha, TERRY GILLIAM volveu resucitar o proxecto maldito de Don Quixote, unha película que leva máis de 20 anos tratando de sacar adiante.


Salvo muíños de vento xigantes, o cineasta británico tivo que facer fronte a todo tipo de infortunios -tormentas apocalípticas, batallas financeiras ou achaques de saúde dos protagonistas- na persecución do seu gran sono creativo.


"É un tipo que non logra ver as cousas como as ven os outros. Exactamente como eu. Don Quixote son eu", chegou a dicir o director de películas como "Brazil", "Doce monos" ou "O rei pescador".


Na nosa biblioteca:


El secreto de los hermanos Grimm, 2003



mércores, 27 de novembro de 2013

RECEITA PARA FACER O AZUL




Se quiseres fazer azul,
pega num pedaço de céu e mete-o numa panela grande,
que possas levar ao lume do horizonte;
depois mexe o azul com um resto de vermelho da madrugada,
até que ele se desfaça;
despeja tudo num bacio bem limpo,
para que nada reste das impurezas da tarde.
Por fim, peneira um resto de ouro da areiado meio-dia,
até que a cor pegue ao fundo de metal.
Se quiseres, para que as cores se não desprendam com o tempo,
deita no líquido um caroço de pêssego queimado.
Vê-lo-ás desfazer-se, sem deixar sinais de que alguma vez ali o puseste;
e nem o negro da cinza deixará um resto de ocre na superfície dourada.
Podes, então, levantar a cor até à altura dos olhos,
e compará-la com o azul autêntico.
Ambas as cores te parecerão semelhantes,
sem que possas distinguir entre uma e outra.
Assim o fiz – eu, Abraão ben Judá Ibn Haim,
iluminador de Loulé – e deixei a receita a quem quiser
algum dia, imitar o céu.

Nuno Júdice
PREMIO REINA SOFÍA DE POESÍA IBEROAMERICANA 2013

mércores, 20 de novembro de 2013

TI FAS A BIBLIOTECA

Botas en falta algún libro na biblioteca? 
Está a túa película favorita en versión orixinal? 
Liches algún cómic no idioma que estudas? 
Tes algún interese en particular que che gustaría que estivese no idioma que aprendes?
Prefires un poema?

Talvez un conto?

Ou un cd de música?



Na biblioteca esperamos as túas achegas.


Déixanos un comentario no blog, ou envíanos un correo: plambe.eoipontevedra@gmail.com


Na nosa biblioteca hai sitio para todas as túas preferencias.

Teremos en conta as suxestións recibidas ata o 20 de decembro

mércores, 13 de novembro de 2013

AS MOCHILAS XA ESTÁN RULANDO ...


DE BIBLIOTECA A BLABLATECA


Pode que o proxecto de torre dinámica de David Fisher aínda non sexa unha realidade, pero o que nós proxectamos, levámolo a cabo.

Unha biblioteca que...responde ás demandas dos seus usuarios, que se adapta ás súas necesidades cambiantes, que é flexible, que rompe os moldes, pero ao mesmo tempo é sólida, ofrece servizos tradicionais e avanzados, e sempre busca a satisfacción do usuario. 

A arte de facer xirar unha biblioteca a demanda do usuario.

Mañá comezamos! A biblioteca se transfomará en blablateca nas horas previstas.

Desculpade as molestias que poidamos causar.

luns, 11 de novembro de 2013

LER E APRENDER


Á esquerda encontrarás a nosa sección de blogs educativos creados por profesores da nosa escola. Están compostos por materiais, experiencias, reflexións e contidos didácticos que permiten a difusión periódica e actualizada da aprendizaxe.

Grazas a todos os profesores que co seu esforzo colaboran potenciando unha aprendizaxe activa, crítica e interactiva de idiomas.


SEMANA DE PORTUGUÉS


Só, con leite ou descafeinado, de calquera maneira combina perfectamente cos libros. 


Beber e comentar, dous verbos que podes practicar na biblioteca de Pontevedra.

venres, 8 de novembro de 2013

QUÉ ESTÁS A LER?

Cantas veces entraches na biblioteca xa?

Levaches algún material á casa?

Cal foi o último libro que liches?




Ven logo que poidas... está chea de sorpresas    

xoves, 7 de novembro de 2013

PROXIMAMENTE...


café ou té?

aventura ou misterio?

só ou con compaña?






Dinos o que prefires e xuntos…

farémolo realidade




mércores, 30 de outubro de 2013

MICHAEL HANEKE


O cineasta, que o pasado venres recolleu o Premio Príncipe de Asturias das Artes en Oviedo, escúdase tras dous principios: o primeiro, que o cine é indicible, e calquera intento de explicación perverte a súa natureza. O segundo, en palabras do mesmo Haneke: "Cando enfrontas o espectador a unha verdade incómoda intentará escapar dela e unha solución é analizar a personalidade do director buscando unha xustificación".





Na nosa biblioteca: Das weisse Band, Warner Home Video Germany, 2009

martes, 29 de outubro de 2013

ALICE MUNRO

Premio Nobel de literatura aos 82 anos. Outra ocasión para descubrir a escritora canadense. Para empezar podes escoitala falando do que lía cando era pequena, da súa vida, das súas experiencias. Que sorte todos os que poidades lela na súa versión orixinal porque sabedes idiomas! Non deixedes pasar os seus excelentes relatos curtos.



Na nosa biblioteca: Hateship, friendship, courtship, loveship, marriage, Vintage 2001 

mércores, 23 de outubro de 2013

PIDE A TÚA MOCHILA


Pídelle ao teu profesor a túa mochila!

Como xa se fixera en anos anteriores imos por en marcha a actividade da mochila viaxeira. 

É unha actividade de fomento da lectura que consiste nunha especie de biblioteca portátil.   Podes ter a mochila  durante 10 días e despois devolvela á aula para que a leve o seguinte alumno.  

Que hai dentro:

1. unha revista ou exemplar de banda deseñada
2. un DVD cunha película con subtítulos (dependendo do idioma)
3. unha lectura de literatura (pode ser ou non adaptada dependendo do idioma)
4. unha lectura que non sexa literaria, ie, un recetario de cociña, unha guía de viaxes, algo sobre natureza...
5. un caderno para que os alumnos anoten as súas impresións

A idea é que te familiarices cos distintos tipos de texto que podes atopar na biblioteca e con formas de seguir en contacto coa lingua fóra da aula. Non se trata de que leas todo o que contén a mochila, senón que selecciones aquelo que te pareza interesante e que compartas as túas impresións no caderno que vai dentro.

luns, 21 de outubro de 2013

LER CIENCIA


O próximo xoves celébrase o día das bibliotecas escolares co lema "Ler ciencia". Nós temos expostos algúns dos exemplares relacionados co tema que están á túa disposición na biblioteca.

venres, 18 de outubro de 2013

AS FOLLAS CAEN



As follas caen en outono... e as dos nosos libros están a esperar que as recollas e as leas. Visita a nosa biblioteca. Sorprenderaste!

luns, 14 de outubro de 2013

BENVIDA

BENVIDA



Un curso máis a biblioteca da EOI de Pontevedra abre as súas portas para que todo o alumnado poida utilizar as súas instalacións. Este será un ano cheo de novidades e sorpresas que esperamos que sexan do voso agrado.

Non esquezades que esta nova canle nace co fin de que toda a comunidade do centro participe neste espazo cos seus comentarios.

Agardamos e desexamos que vos comuniquedes connosco.

Equipo de dinamización