luns, 16 de decembro de 2013

PREMIO Á LECTORA MÁIS VORAZ


PETER O'TOOLE

O actor irlandés Peter O'Toole, falecido este domingo aos 81 anos, pasará á historia do cinema pola súa versatilidade, os seus magnéticos ollos azuis e a súa maxistral interpretación do coronel T.E. Lawrence en Lawrence de Arabia (1962).


Na nosa biblioteca: 

LAWRENCE DE ARABIA
Autor/es: D LEAN; O´TOOLE, GUINNES
Editorial: SPEAK UP
Serie: VOSI-207 MIN
Materias: Acción

Localización: VI-EN-LAWR 

SEMANA DE ALEMÁN


sábado, 14 de decembro de 2013

GRAZAS

Hoxe cúmprense dous meses desde que a nosa biblioteca abriu as súas portas. Desde entón  foron moitos alumnos os que pasaron por alí para recoller os seus empréstitos.

Desde aquí queremos felicitarvos a todos e cada un, e especialmente a Marta, nº de socio 977, quen levou máis empréstimos que ninguén neste período.

O luns 16 ás 19:45h seralle entregado un premio como agradecemento ao seu paso pola biblioteca Frei Martín Sarmiento.


martes, 10 de decembro de 2013

DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS



"Se falas a un home nun idioma que comprende, chegarás á súa cabeza. Se lle falas na súa lingua materna, chegarás ao seu corazón." 

Premio internacional dos Dereitos Humanos, 1988

domingo, 1 de decembro de 2013

POLA TÚA MEDIDA


"Pola túa medida" é unha exposición de libros de todos os tamaños e letras.



Cal é a túa preferencia á hora de elixir un libro? Tipo de letra, tamaño do libro, peso dá encadernación, ...
Todos os libros estarán proximamente na nosa biblioteca. Vai escollendo o teu!

REDESCUBRE A LECTURA



Non 
esquezas levar
 o teu préstamo da
 nosa biblioteca para
 gozar da lectura este Nadal