venres, 28 de novembro de 2014

P.D. JAMES





Na nosa biblioteca:


INNOCENT BLOOD 
Autor/es: JAMES, P.D.
Publicación: GRAN BRETAÑA : PENGUIN, 1989 Edición: 



Materias: Novela / Inglés / Literatura

luns, 17 de novembro de 2014

SEMANA DE INGLÉS


A biblioteca estará ocupada neste horario:


LUNS 17, DE 17:45h A 18:30h + DE 20:45h A 21:30h
MARTES 18, DE 17:30h A 18:30h + DE 19:00h A 20:00h
MÉRCORES 19, DE 16:00h A 17:00h + DE 20:00h A 21:30h
XOVES 20, DE 18:00h A 19:00h + DE 20:00h A 21:00h
VENRES 21, DE 9:30h A 10:30h + DE 11:30h A 12:00h



venres, 14 de novembro de 2014

TROCA LIBROS


Comezamos unha nova actividade na entrada do centro. Deixa un libro, colle outro, anótate para termos unha referencia onde van parar os nosos libros... e goza da lectura.

Listos para viaxar!

venres, 7 de novembro de 2014

PRÉSTAMO DE E-READERS

Non esquezas o teu!

Por fin comezou o préstamo de dispositivos electrónicos. 
Achégate á biblioteca!

xoves, 6 de novembro de 2014

PORQUE TODOS OS DÍAS CONTAN



Bótalle un ollo aos libros relacionados coas matemáticas 
que están na nosa biblioteca.

Pronto poderás levalos!

venres, 24 de outubro de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe e cada día...todas son xornadas para pasar pola nosa biblioteca. Non deixes de visitarnos. Estamos esperándote.

xoves, 16 de outubro de 2014

AS MATEMÁTICAS NA VIDA COTIÁ


O 24 de outubro é o día das bibliotecas escolares. Na nosa podes atopar libros de matemáticas, de matemáticas aplicadas á vida cotiá, historias de matemáticos, enigmas, exercicios de matemáticas, historias nas que os números son o protagonista, ...

Expoñerémolos proximamente.

mércores, 15 de outubro de 2014

BANCO DE LIBROS



A asociación Mater Lingua (Asociación de alumn@s e ex-alumn@s da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra) ten a vosa disposición un banco de libros que vos pode interesar.

CONTACTA

luns, 13 de outubro de 2014

mércores, 1 de outubro de 2014

LEMBRA



Lembrade que o primeiro día que crucedes a porta tedes que vir coa matrícula do curso actual para poder actualizarvos o carné da Biblioteca. 
Se es novo alumno non te preocupes, ven coa matrícula e explicarémosche como conseguir o carné da Biblioteca para poder gozar de todos os servizos. Non desaproveites a oportunidade! Esperámosche.

Mensaxe para despistados: Lembrade que hai uns meses collestes material da Biblioteca para traballar este verán. Sabemos que é posible que acumulase po nos vosos andeis pero non esquezades traelo antes de que finalice o mes. Non queremos ter que sancionarvos xa...
Se algo se extraviou nas vosas longas viaxes polo mundo será suficiente con que adquirades o mesmo material e fagádesnolo chegar.

martes, 30 de setembro de 2014

ESTAMOS DE VOLTA


Abrindo portas e xanelas, deixemos que entre o sol porque XA ESTAMOS DE VOLTA!
E como sabemos que nos botastes de menos e que estades a desexar vernos, temos unha boa noticia que darvos:


ABRIMOS MAÑÁ 1 DE OUTUBRO no noso horario habitual. 
De luns a venres de 9.00 a 21.30.

Pero a cousa non queda aquí... Temos unha sorpresa aínda maior. Sobre todo destinada para os que nunca viñeron á biblioteca ou non nos coñecen demasiado... a SESIÓN DE FORMACIÓN DE USUARIOS.

martes, 27 de maio de 2014

ESTE VERÁN: NON TE OLVIDES DA TÚA BOLSA



Ler na nosa Escola ten premio...leva a túa bolsa de balde só por levar o empréstimo de verán.

Ademáis...os 15 primeiros tendrán un agasallo extra.

Qué máis podes pedir?

luns, 5 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).


mércores, 23 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


Coa finalidade de celebrar o día do libro, preparamos un expositor con capítulos de libros sobre libros, onde  os protagonistas len libros, escriben libros ou dan pautas sobre como lelos. 


Leva os capítulos que queiras e achega o teu móbil aos códigos QR para sorprenderche aínda máis.

Todos os libros están na biblioteca. 

venres, 21 de marzo de 2014

LUNS ÁS 10.30H E ÁS 18.30H


DIA MUNDIAL DA POESIA

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e convídanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa.

Entre todos xa elaboramos o noso poema. Achegádevos a lelo. Paga a pena.

domingo, 9 de marzo de 2014

PACO DE LUCÍA

Levou ao flamenco por todas partes entre as cordas da súa guitarra. A súa música xa a coñeces, por iso este vídeo ten que ver máis coa súa vida, o premio que lle outorgaron en California, onde foi nomeado Honorary  Fellow of the Berklee College of Music.


venres, 7 de marzo de 2014

RAMÓN PERNAS


O novelista e xornalista galego gañou con "Paradiso" o Premio Azorín de Novela 2014, convocado polo editorial Planeta e a Deputación de Alacante e dotado de 45.000 euros.

A obra de Pernas, que se presentou ao certame co pseudónimo de Marinetti, xira ao redor da traxectoria persoal dun enxeñeiro e a súa conexión de vida co mundo do circo.

venres, 21 de febreiro de 2014

LER NA TÚA LINGUA



"As linguas locais constitúen a maior parte das linguas que se falan no noso planeta no ámbito científico. Son tamén as máis ameazadas. Coa exclusión das linguas, os seus falantes vense privados do seu dereito humano fundamental ao coñecemento científico."



Extracto da mensaxe de Irina Bokova,
Directora Xeral da UNESCO


As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenvolver o noso patrimonio cultural, tanto o tanxible coma o intanxible. Todas as iniciativas dirixidas a difundir as linguas maternas servirán non só para incentivar a diversidade lingüística e o multilingüismo, senón tamén para crear unha maior conciencia acerca das tradicións culturais en todo o mundo e promover a solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.