martes, 28 de xaneiro de 2014

PRÉSTAMO SELF-SERVICE -------- ABERTO 24/7






"A Carreta Literaria" é unha biblioteca ambulante que promove a lectura por pracer, de todas as maneiras e formas posibles en todos os niveis da sociedade, tomándose espazos públicos e educativos para contaxiar o hábito da lectura a nenos, novos e adultos. A raíz desta proposta para impulsar a cultura literaria, realizouse o lanzamento do libro "A carreta que non é carreta", unha achega máis para seguir levando esta organización a todos os cantos do país.

domingo, 19 de xaneiro de 2014

ROSALÍA

O xoves, 16 de xaneiro presentouse publicamente o 
descubrimento de textos poéticos inéditos de Rosalía de 
Castro. Trátase de manuscritos autógrafos (isto é, escritos 
pola propia autora) que conteñen versos descoñecidos 
seus (poemas e fragmentos) e que botan nova luz sobre 
os inicios da súa carreira poética en galego e -dun xeito 
especialmente revelador- sobre os últimos pasos da súa 
obra en castelán.


Na nosa biblioteca:

- En las orillas del Sar
- Cantares Gallegos
- La hija del mar
- El caballero de las botas azules
- La flor
- Rosalía de Castro para nenos
- Obras Completas
- Antología Poética
- Galicia
- Seis cantigas para coro mixto
- Follas Novas
- El primer loco
- Ruinas
- Escolma poética

domingo, 12 de xaneiro de 2014

POEMA NAS ESCALEIRAS

Déixanos un comentario dicíndonos cal é a túa palabra favorita no idioma que estudas e por que a elixes.

Cal é a túa palabra favorita en alemán, en inglés, en francés, en galego, en portugués ou en italiano?

Por que che gusta tanto esa palabra? 

O prazo remata o día 31 de xaneiro de 2014.


Coas palabras seleccionadas faremos un poema xigante.