venres, 21 de marzo de 2014

LUNS ÁS 10.30H E ÁS 18.30H


DIA MUNDIAL DA POESIA

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e convídanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa.

Entre todos xa elaboramos o noso poema. Achegádevos a lelo. Paga a pena.

domingo, 9 de marzo de 2014

PACO DE LUCÍA

Levou ao flamenco por todas partes entre as cordas da súa guitarra. A súa música xa a coñeces, por iso este vídeo ten que ver máis coa súa vida, o premio que lle outorgaron en California, onde foi nomeado Honorary  Fellow of the Berklee College of Music.


venres, 7 de marzo de 2014

RAMÓN PERNAS


O novelista e xornalista galego gañou con "Paradiso" o Premio Azorín de Novela 2014, convocado polo editorial Planeta e a Deputación de Alacante e dotado de 45.000 euros.

A obra de Pernas, que se presentou ao certame co pseudónimo de Marinetti, xira ao redor da traxectoria persoal dun enxeñeiro e a súa conexión de vida co mundo do circo.