xoves, 17 de decembro de 2015

Nadal, tempo de...LER

Estas datas poden ser o momento ideal  para coller un libro ou unha película e desfrutar de calquera das linguas que se imparten na escola. Desde o equipo do plambe fixemos unha pequena escolma para ir abrindo boca, pero lembrade que tedes máis tesouros por descubrir na biblioteca. O préstamo de Nadal é especial e non tedes que devolver os fondos ata o 7 de xaneiro.
Boas festas e boas lecturas!


mércores, 25 de novembro de 2015

CAFÉ CON LETRAS

Para compartir as nosas experiencias lectoras nun ambiente relaxado o equipo de Plambe invítate a participar na actividade de Café con Letras.




View more presentations or Upload your own.

luns, 26 de outubro de 2015

GUÍA DO USUARIO

Sabes como atopar un libro determinado na biblioteca? Cantos días podes levar un DVD ? Podes saber desde a túa casa se un libro está dispoñible?
Se non coñeces a resposta a esta preguntas , bota unha ollada a guía do usuario da biblioteca e anímate a visitarnos!


xoves, 22 de outubro de 2015

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A partir do cuarto luns de outubro comeza o mes das bibliotecas escolares e na EOI comezaremos con distintas actividades para que poidades coñecer o funcionamento da nosa biblioteca e para que lle saquedes todo o rendemento  aos recursos que vos ofrecemos.

martes, 22 de setembro de 2015

CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS


BENVIDOS AO CURSO 2015-2016



Un ano mais o equipo de dinamización da biblioteca Frei Martín Sarmiento convídate a explorar o mundo e a compartir experiencias e información usando os recursos impresos e electrónicos dos que dispoñemos. Temos unha monrea de propostas que facerche.
CONTAMOS CONTIGO

sábado, 9 de maio de 2015

RETO EN TWITTER


Agora chegamos aínda máis lonxe. 

A nosa biblioteca espérate en Twitter: 

Cál é o teu próximo reto?: Ti e os teus libros favoritos no teu tempo de lecer.
Lema: Nas vacacións, un libro a carón.

Publica a túa foto co 'hashtag#retoVerán15,  
#EOIPontevedra, #biblioeoipontevedra

Podes publicala ata o cinco de xuño. Máximo unha foto por persoa.

 Premio ás dúas mellores.

xoves, 23 de abril de 2015

TROCALIBROS


Para celebrarmos o dia do libro, a biblioteca da escola organiza unha actividade de trocalibros. Na planta baixa encontrarás un estante onde vas poder deixar os libros que traias e levares outros. 
Longa vida aos libros e á lectura! Feliz día do libro!

mércores, 15 de abril de 2015

venres, 9 de xaneiro de 2015

PARA OS/AS QUE TIRAN PROVEITO DA BIBLIOTECA

En xaneiro as bibliotecas galegas réndenlles homenaxe aos seus usuarios e usuarias.
Ao coincidir esta efeméride en domingo, as bibliotecas adiantan a celebración ao día 9 con visitas guiadas, xornadas de portas abertas, sesións de contacontos, entrega de agasallos e a elección dos Socios de Honra ou de 'Superusuarios/as'. Será nas bibliotecas públicas territoriais de Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo e A Coruña. Nesta última, estenderanse ata o día 12 con visitas guiadas polas súas instalacións.