luns, 26 de outubro de 2015

GUÍA DO USUARIO

Sabes como atopar un libro determinado na biblioteca? Cantos días podes levar un DVD ? Podes saber desde a túa casa se un libro está dispoñible?
Se non coñeces a resposta a esta preguntas , bota unha ollada a guía do usuario da biblioteca e anímate a visitarnos!


xoves, 22 de outubro de 2015

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A partir do cuarto luns de outubro comeza o mes das bibliotecas escolares e na EOI comezaremos con distintas actividades para que poidades coñecer o funcionamento da nosa biblioteca e para que lle saquedes todo o rendemento  aos recursos que vos ofrecemos.