domingo, 11 de decembro de 2016

CONCURSO DOCES DE NADAL

Queres gañar unha cesta de produtos para celebrar o Nadal ? Participa no concurso de sobremesas da Escola! Trae o teu doce o mércores 21 e gaña fantásticos premios.

Emprega os libros de receitas que temos na biblioteca como inspiración. Aquí tes unha mostra para ir abrindo boca....

Participa! Para ver as receitas en grande preme aquí 

luns, 21 de novembro de 2016

OBRADOIRO DE RADIO: A NOVA RADIO DIXITAL

O lema da nosa  biblioteca este curso é : Biblioteca escolar, territorio das artes. Enmarcado neste contexto ofrecémosvos este curso gratuíto de gravación de podcasts. Inscríbete axina que só hai 25 prazas!!!
Data, hora e duración: 7 de decembro ás 17.00 horas no laboratorio de idiomas da EOI.150 minutos.
Solicitudes: cubrir e entregar na conserxaría dende o venres 18 de novembro.
Formador: Damián Alonso, actor de dobraxe con experiencia en locución.
Contidos do obradoiro:
Nocións básicas de vocalización e dicción.
Dramatización de textos.
Exercicios de roll play.
Análise de podcasts.
Escritura de textos para ser locutados.
Aprendizaxe de uso das ferramentas de gravación.
Edición de son e como subir o podcast a un audioblog, nube

luns, 14 de novembro de 2016

CAFÉ CON LETRAS



Café con letras é a nosa proposta para os meses de novembro e decembro. Un espazo e un tempo para exercer a producción oral sen apuro e con ledicia.

Dende o equipo de dinamización da biblioteca colaboramos coa achega do café e infusións para converter a produción oral nunha actividade máis lúdica e pracenteira.
Calendario da actividade
Do 14 ao 18 de novembro: Departamento de ALEMÁN E GALEGO
Do 21 ao 25 de novembro: Departamento de ITALIANO
Do 28 ao 02 de decembro: Departamento de FRANCÉS
Do 7 ao 16 de decembro: Departamento de INGLÉS
Do 19 ao 21 de decembro: Departamentos de PORTUGUÉS
Aquí tedes a selección de libros elixidos polo departamento de Portugués. 
Para máis información consultade cos vosos profesores/as 

mércores, 19 de outubro de 2016

CLUBS DE LECTURA


Este curso os ávidos lectores está de sorte xa que poderán participar en tres clubs de lectura na nosa Escola. En que idiomas vos apetece ler?

Inglés
Italiano
Portugués

luns, 10 de outubro de 2016

GUÍA DO USUARIO

Desde o 10 de outubro xa podedes facer uso de todos os servicios que vos ofrece a nosa biblioteca. Aquí tedes unha guía do usuario para sacarlle todo o proveito. ESPERÁMOSVOS!!



View more presentations or Upload your own.

martes, 20 de setembro de 2016

CAZA DE LIBROS EN PORTUGUÉS

O departamento de portugués ven de poñer en marcha esta orixinal proposta para comezar o curso cun libro. Animádevos e participade!


BENVIDOS AO CURSO 2016-2017

Estamos de volta e esperamos contar con vós este curso para explorarmos xuntos o mundo das artes,o lema das bibliotecas escolares para o curso 2016-2017.


martes, 31 de maio de 2016

HORARIO PROVISIONAL DE PRÉSTAMO NO MES DE XUÑO

O día 1 de xuño comeza o préstamo especial de verán na biblioteca da Escola. Podedes levar ata 3 fondos e non teredes que devolvelos ata setembro!

A biblioteca agasarallavos cunha bolsa para que poidades gozar da lectura na praia ou no campo.


Horario provisional de préstamo no mes de Xuño





mércores, 25 de maio de 2016

CLUBE DE LEITURA LEIA: PROPOSTA DE OBRAS PARA 2016-17

Chegam as loooongas férias de verão, e, como nos recomendam da Biblioteca Frei Martín Sarmiento: "Na praia, livros, sol, e toalha". Para todos os membros atuais do Clube de Leitura Leia e para os futuros, deixamos aqui a nossa proposta de obras para o próximo ano 2016-17, por se quiserem ler vagarosamente nas cálidas tardes estivais.

mércores, 11 de maio de 2016

CICLO DE CINE: FILMES DE LIBROS

Un ano máis temos que agradecer a vosa participación que levou a que a actividade fose todo un éxito.
Graciñas e alegrámonos de que vos gustaran os filmes. Agora a polos libros !! Están agardando por vós na biblioteca da escola.

luns, 18 de abril de 2016

23 DE ABRIL : DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

A efeméride deste ano é moi especial xa que, como todos sabedes, conmemoramos o 400 aniversario do falecemento de Cervantes e Shakespeare.
A EOI de Pontevedra non podería deixar de festexalo, así que vos convidamos a visitar a exposición de obras destes autores na nosa biblioteca.
E para saber máis aquí vos deixamos uns enlaces que esperemos atopedes útiles.
E como dicía Cervantes:
" Nalgún lugar dun libro hai unha frase esperándonos para darlle sentido á existencia"


Cervantes: 

Shakespeare:
Shakespeare 400
British Council
Shakespeare's Globe
English pronunciation in Shakespeare's time.
Video on The Globe Theatre and Shakespeare

mércores, 30 de marzo de 2016

CICLO DE CINE: FILMES DE LIBROS

Que prefires o libro ou a película?
Este ano desde a biblioteca da EOI propoñemos unha selección de películas baseadas en novelas.
Consulta o programa e prepárate para pasalo ben. E lembra que poderás atopar todos os libros na nosa biblioteca!!

domingo, 6 de marzo de 2016

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Co gallo da celebración o próximo día 8 de marzo do día internacional da muller, na EOI de Pontevedra queremos recomendar algunhas lecturas e películas que teñen como nexo común a loita das mulleres pola igualdade e os seus dereitos. Atoparás libros e películas en todos os idiomas que se imparten na escola. Pero agardamos a túa colaboración para poder completar a lista.
Axúdasnos?
Literatura:
Películas:

mércores, 3 de febreiro de 2016

CITA A CEGAS CUN LIBRO


Estás acostumado a xulgar un libro pola súa portada? Escóllelo polo seu autor, o xénero?
Acepta unha cita a cegas cun libro e deixa que o libro te escolla a ti.

Achégate á  nosa biblioteca, colle un libro, lévao a casa. Desenvólveo. Ensínalle o teu lugar privado para ler, comparte con el o teu aperitivo favorito ou preséntallo ás túas amizades. Quen sabe? Se cadra tedes futuro...