mércores, 3 de febreiro de 2016

CITA A CEGAS CUN LIBRO


Estás acostumado a xulgar un libro pola súa portada? Escóllelo polo seu autor, o xénero?
Acepta unha cita a cegas cun libro e deixa que o libro te escolla a ti.

Achégate á  nosa biblioteca, colle un libro, lévao a casa. Desenvólveo. Ensínalle o teu lugar privado para ler, comparte con el o teu aperitivo favorito ou preséntallo ás túas amizades. Quen sabe? Se cadra tedes futuro...