luns, 21 de novembro de 2016

OBRADOIRO DE RADIO: A NOVA RADIO DIXITAL

O lema da nosa  biblioteca este curso é : Biblioteca escolar, territorio das artes. Enmarcado neste contexto ofrecémosvos este curso gratuíto de gravación de podcasts. Inscríbete axina que só hai 25 prazas!!!
Data, hora e duración: 7 de decembro ás 17.00 horas no laboratorio de idiomas da EOI.150 minutos.
Solicitudes: cubrir e entregar na conserxaría dende o venres 18 de novembro.
Formador: Damián Alonso, actor de dobraxe con experiencia en locución.
Contidos do obradoiro:
Nocións básicas de vocalización e dicción.
Dramatización de textos.
Exercicios de roll play.
Análise de podcasts.
Escritura de textos para ser locutados.
Aprendizaxe de uso das ferramentas de gravación.
Edición de son e como subir o podcast a un audioblog, nube

luns, 14 de novembro de 2016

CAFÉ CON LETRAS



Café con letras é a nosa proposta para os meses de novembro e decembro. Un espazo e un tempo para exercer a producción oral sen apuro e con ledicia.

Dende o equipo de dinamización da biblioteca colaboramos coa achega do café e infusións para converter a produción oral nunha actividade máis lúdica e pracenteira.
Calendario da actividade
Do 14 ao 18 de novembro: Departamento de ALEMÁN E GALEGO
Do 21 ao 25 de novembro: Departamento de ITALIANO
Do 28 ao 02 de decembro: Departamento de FRANCÉS
Do 7 ao 16 de decembro: Departamento de INGLÉS
Do 19 ao 21 de decembro: Departamentos de PORTUGUÉS
Aquí tedes a selección de libros elixidos polo departamento de Portugués. 
Para máis información consultade cos vosos profesores/as