domingo, 17 de decembro de 2017

30 ANOS ENSINANDO IDIOMAS!

Estades todos convidados á celebración do trinta aniversario da Escola de Idiomas de Pontevedra. Traede ás vosas familias e amizades!

martes, 12 de decembro de 2017

CAFÉ OU TÉ?


PRIMEIRA ACTIVIDADE GASTRONÓMICA

O café con letras resultou toda unha experiencia gastronómica! Alumnos e alumnas de todas as linguas convertiron a biblioteca nunha cafetería italiana, nunha tetería inglesa ou mesmo nun roteiro imaxinario polos cafés de Porto.


Xuntos mergullámonos na cultura do café, exploramos os rituais do "British Tea" e deixámonos levar polo arrecendo destes produtos tan lendarios coma saborosos.

Bota unha ollada ás cousas que aprendemos: 



martes, 7 de novembro de 2017

CAFÉ CON LETRAS

Só ou con leite, de calquera maneira combina perfectamente cos libros. Beber e comentar, dous verbos que podes practicar na biblioteca da EOI de Pontevedra. Un espazo e un tempo para exercer a produción oral sen apuro e con ledicia.

Café con letras é a nosa proposta para os meses de novembro e decembro .
Desde o equipo de dinamización da biblioteca (Plambe) colaboramos coa achega do café, infusións e petiscos para converter a produción oral nunha actividade máis lúdica e pracenteira.
Para máis información, pregúntalle á túa profesora ou profesor!

PARABÉNS AOS GAÑADORES

Os gañadores do concurso "Coñece a biblioteca da EOI de Pontevedra" son:

1. Ana Isabel Loureiro Vivel
2. Alba Pereira Santos
3. José Antonio Vinuesa Teba



Moitas grazas a todos por terdes participado!!

xoves, 19 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO :DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro celébrase o día da biblioteca.  O nosa escola únese a esta efeméride cun concurso e premios para os gañadores. Achégate á nosa biblioteca a vindeira semana  e cubre un sinxelo cuestionario con preguntas sobre as normas de uso.


Tamén queremos dar publicidade e animarvos a participar na campaña que o Observatorio de la Lectura y el Libro puxo  en marcha con motivo desta conmemoración: soamente tedes que enviar entre o 17 e o 24 de outubro á conta de Twitter ou en Instagram (@observalibro) coa etiqueta #Estoyenlabiblio, fotos tomadas nalgunha biblioteca (aproveitade a nosa!). Poderán ser imaxes tanto vosas a modo de selfie, coma feitas por outro ou doutras persoas. Non esquezades incluír na mensaxe o nome da biblioteca e a localidade onde se atopa.  Entre todas as fotos  recibidas, o Observatorio de la Lectura y el Libro elixirá as 10 que máis lle gusten e sorteará 3 lotes de libros.

Compartide esas imaxes tamén no facebook e twitter da Escola!!

xoves, 5 de outubro de 2017

NORMAS USUARIO 2017-2018

O servizo de préstamo da nosa biblioteca comeza o vindeiro luns 9 de outubro.
Consulta as norma de uso para este curso

martes, 26 de setembro de 2017

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido pola Consellería de  Educación con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Aprender a pensar a través dos contos,  das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. 

Desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca propoñemos que este curso aprendamos a pensar na nosa alimentación, en costumes saudables e en como se cociña en distintas partes do mundo. 


Saboroso, non é? Pois estade atentos as actividades que iremos colgando neste blog ao longo do curso!!

luns, 5 de xuño de 2017

ENQUISA DE AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA



Axúdanos a mellorar a xestión e as actividades de dinamización da biblioteca!

Só tes que adicarlle dous minutos a cubrir esta enquisa e facermos unha biblioteca mellor.

domingo, 14 de maio de 2017

OBRADOIRO DE CÓMIC EN ITALIANO

O  vindeiro xoves 18 de maio ás 18:30 vén a mergullarte no mundo do cómic en italiano da man dun dos seus personaxes máis representativos, Lupo Alberto.
Será unha actividade creativa e participativa. Non o podes peder!!

DEBATE CLUBS DE LECTURA

Para rematar as sesións dos clubs de lectura, teremos unha actividade conxunta cos tres clubs de inglés, italiano e portugués o vindeiro  luns 15 de maio ás 18.30 na biblioteca. Falaremos do feminismo na obra de Chimamanda Ngozi e doutras moitas cuestións cunha moderadora moi especial: a escritora Susana Sánchez Aríns. 
Estades todos convidados!!

HAUTE COUTURE NA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca encheuse de glamour e arte co obradorio de alta costura francesa a cargo da lectora de francés Marie Estelle Boulon. Grazas a todo/as por terdes participado e parabéns aos deseñadores!

xoves, 4 de maio de 2017

venres, 31 de marzo de 2017

CICLO DE CINE : FILMES CON ARTE

Seguindo co lema das bibliotecas escolares deste curso, Biblioteca escolar: Territorio das artes, adicamos o ciclo de cine ao cinema de animación e películas que teñen algo que ver co mundo da arte.
Esperamos que vos gusten.

luns, 20 de febreiro de 2017

JIVIN´ON DOWN TO HARLEM!

Seguimos fieis ao lema para este curso : Biblioteca escolar territorio das artes e esta vez propoñemos unha actividade que combina baile e música!! 

 Gústache a arte europea con toques africanos? Convidámoste a asistir á charla en inglés de Jarrett Mc Dowell sobre a era do Renacemento de Harlem. O vindeiro xoves 23 de febreiro ás 18.30 e venres 24 ás 10.30 no salón de actos. Benvidos á era do Jazz!

xoves, 9 de febreiro de 2017

LIBROS QUE NAMORAN!

Queremos celebrar San Valentín cunha boa lectura. Comparte unha foto dese libro que nalgún intre te namorou no Twitter da EOI coa etiqueta: #librosquenamoran, en Facebook ou neste blog.
Aí vai a nosa pequena aportación: